Saltar navegación

Dativo de interese

Observa

Indica a persoa que ten un interese especial na acción que expresa o verbo porque recibe un beneficio ou prexuízo.

As formas son iguais ás do CI: me, che, lle, nos, vos, lles.

Pode combinarse co CI e co dativo de solidariedade : Este neno cómecheme ben.

- Ao meu fillo morréuchelleme unha vaca.

Exercicio 1

Indica se as formas pronominais resaltadas son de solidariedade (s), interese (i) ou Complemento Indirecto (c):

Un bico, cóidateme ( ).

Quería dous kilos de mexillóns, que non me ( ) estiveran abertos.

Fun ó médico pedirlle a baixa, pero non ma (me+a= ) deu.

O queixo azul non che ( ) me ( ) gusta.

  

Exercicio 2

Identifica as formas pronominais de solidariedade e interese:

Donas e cabaleiros élles importante que me estean atentos.

Os meus fillos non che me obedecen nunca.

Estouvos ben disgustado con todo isto.

Fágame caso, haille moita necesidade.