Pronome de solidariedade
Aprende
Observa o pronome de solidariedade nestas expresións
populares:
Tanto
che me ten.
Non che está o forno para bolos.
Formas
As formas son iguais ás da 2ª persoa do CI:
Un interlocutor: che
(tratamento familiar), lle (tratamento
de cortesía)
Varios interlocutores: vos (tratamento familiar), lles (tratamento de cortesía).
Observa este diálogo:
- Veño buscar a Brais.
- Pois síntoo, pero non che está. (tratamento familiar)
- Pois síntoo, pero non lle está. (tratamento de cortesía)
O pronome de solidariedade pode combinarse con outros pronomes átonos (CD ou CI):
Conto
Certo
día de choiva, un sapo miraba para o buraco no que se resgardaba un compañeiro
seu, pesaroso de non caber dentro. O que estaba dentro preguntáballe ao de
fóra:
-¿Chóveche?
Ao
que o outro respondía:
- Chóveche pouco.
Despois
de manteren varias veces esta lacónica conversa, o sapo enxoito non puido
aguantarse por máis tempo e botouse fóra da cova dun chimpo…
momento
que aproveitou o outro para metérselle dentro!
Localiza
na conversa dos sapos cal é o CI e cal o pronome de solidariedade.
Exercicio
Este
rapaz sabe moito de crocodilos (a ti).
.
Non
me gustan nada estes amigos teus.
.
Eses
ovos facían unha boa tortilla (a ti).
.
Son ben boas as mazás (a vostede).
.
Roubáronme no coche (a ti).
.
Exercicio 2
É
ben barato (a vós).
.
Déuvo-la vida (a ti). . Meu fillo non está na casa (dirixido a vostedes) Meu fillo . Meu fillo non está na casa (dirixido a ti) . Señor policía, o can queríasenos botar a dentadas (a nós). Señor policía, . |
|
|