Exercicios

Exercicio 1

Identifica e explica os erros ortográficos das seguintes frases (pódelo facer mentalmente ou na túa libreta; despois comproba as respostas no botón "mostrar retroalimentación"):

· O pasado mes de Febreiro fun a barcelona.



· O artista que tocou na obra do xx aniversario do seu pai comezou a obra cun Do, Re, Mi...



· ¿É a sra. Sánchez? chámoa para confirmar a cita.



· O señor director díxome que fose o sergas para que me revisaran polo accidente que sufrín.



Exercicio 2

Pon maiúsculas nos seguintes textos segundo conveña (pódelo facer mentalmente ou na túa libreta; despois comproba as respostas no botón "mostrar retroalimentación"):

o acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos príncipes de asturias e polo presidente da república de bulgaria, georgi parvanov.



o novo instituto cervantes abre as súas portas coa exposición "destino: santiago" que, segundo informou o centro galego de arte contemporáneo (cgac), pretende mostrar as pegadas e as novas historias dunha cidade cunha tan larga e vella traxectoria como é o caso da capital galega.



"destino: santiago" é unha mostra que xorde do diálogo entre diferentes artistas e compostela. segundo os comisarios da exposición, manuel olveira e cecilia pereira, "os artistas retratan o que existe e, á súa vez, axudan a construír imaxinarios do que tal vez non existe pero que grazas á súa mirada existirá ou chegará a existir como imaxinario colectivo".



este acto enmárcase no programa de difusión da cultura galega no exterior que está a promover a dirección xeral de creación e difusión cultural da xunta de galicia. tras o seu paso pola capital búlgara a exposición iniciará un percorrido por diferentes capitais europeas.