Saltar navegación

A definición do substantivo e do adxectivo

A definición de palabras

Nos dicionarios léxicos a información aparece ordenada do seguinte xeito:

1- Étimo (só nos dicionarios etimolóxicos)

2- Categoría (substantivo, adxectivo, etc.) e xénero.

3- Acepcións

4- Sinónimos

5- Locucións. Frases feitas.

Estas tres últimas non son imprescindibles nunha definición.

Se non se indica o contrario, non son válidas as definicións só con sinónimos nin os termos equivalentes noutras linguas. Tampouco debe figurar a palabra a definir na definición.

Exemplo de definición de substantivo

Caldeirada ( de lat. caldaria(m) "estufa") s.f. 1. Comida cocida que se prepara con peixe, patacas e allada (caldeirada de raia). 2. Contido que cabe cunha caldeira. 3. Comida mal preparada; caldoada, caldufada, calloubada. 4. Comida cocida que se lles prepara aos animais; calda, caldada, encaldada. 5. Gran cantidade de comida. A caldeiradas, en gran cantidade ou abundancia.

A definición dos substantivos

No caso dos substantivos, a definición realízase establecéndose a categoría semántica maior da palabra (hiperónimo) e completándoa cos trazos específicos.

 

Ex.:

· Animal (Insecto/mamífero) que vive en...; diferénciase por...

· Planta

· Gas

· Mineral

· Material

· Especie

· Persoa

· Moble

· Ferramenta

· Etc.

 

Non existe unha maneira única de facer unha definición. Eis un exemplo:

Mitoloxía: historia fabulosa dos deuses, semideuses e heroes da antigüidade pagá.

Conxunto de mitos dun pobo ou dunha cultura determinada.

Ciencia que estuda os mitos.

Exercicio 1

Cal é o substantivo definido?

B : leito pequeno para os nenos, xeralmente de bordos altos, que se pode arrolar ou bambear. Sin. Barrelo, rolo.

G : rapaz aprendiz de mariñeiro.

Q : máquina automóbil de obras públicas preparada para retirar a neve das estradas.

P : abertura do pantalón pola parte dianteira.

R : conxunto de reses que se crían e pastan xuntas.

  

Exercicio 2

Indica o hiperónimo (categoría semántica maior da palabra) dos seguintes substantivos:

Lúa: s da terra que recibe a súa luz do sol.

Grilo: i ortóptero de cor negra; o macho produce un son estridente por rozamento dos seus élitros.

Recuncho: s apartado, pequeno ou oculto dentro dun espazo maior; sin. curruncho, recanto, currullo.

Pescozo: parte do que une a cabeza co tronco.

  

Exercicio 3

Deduce o que falta nas seguintes definicións e indica cales son os susbtantivos definidos:

Doada: C : froito comestible do castiñeiro.

Dificultade media: G : tira de tea que se pon arredor do colo da camsa, facéndolle un nó por diante e diexándoa caer sobre o peito.

Difícil: É : cada unha das anteriores dos coleópteros e ortópteros, de consistencia córnea, que non son utilizadas para voar e que, no caso dos coleópteros, serven de protección ás ás propiamente ditas.

  

A definición dos adxectivos

A definición efectúase basicamente coma nos substantivos, con algunhas especificidades.

Hai unha serie de fórmulas que che axudarán na definición:

 

dise de/do/da...

calidade do /da...

relativo a...

que...

Exemplo:

Mandado: cousa encargada; sin. encargo.

Dise daquel que é obediente, que fai o que lle mandan.

Rexo: (calidade de quen) ten forza e vigor; forte, rebezo, recho, robusto.

Específico: (dise do que/ calidade do) que é propio dunha especie, dun ser ou dunha cousa e non pode aplicarse a outros.

 

Exercicio 1

Completa o que falta na definición:

Hipócrita: persoa finxe ou aparenta o que non é ou o que non sente.

Acugulado: resultado da a de encher ou encherse totalmente un recipiente ou local; sin. abarrotar, atacar, ateigar, atestar.

  

Exercicio 2

Completa e observa as pequenas diferenzas de significado dos seguintes adxectivos:

A , -á: (Dise da) que ten moitos anos. Sin. vello.

A : (Dise de) leva moito tempo nun emprego, profesión, institución, etc. Que existe desde hai moito tempo.

O , -a: Dise d que xa non se usa por non responder ás necesidades actuais, por estar desfasado ou por ser máis ben propio doutra época. Ant. actual, moderno.

V , -a: moi antigo. Vetusto, vello.

V : (Dise da) ou animal de moita idade, tendo en conta o que adoitan vivi-los seus semellantes. 2. non é recente nin novo, que é de hai tempo.