Saltar navegación

Exercicios

Exercicio 1-1

Dende o punto de vista da orixe, os substantivos son “primitivos” ou “derivados”; clasifica os seguintes substantivos respecto á orixe empregando p ou d:

Aceite ( ), amor ( ), arteixán ( ), batallón ( ), boca ( ), can ( ), canciño ( ), casa ( ), casoupa ( ), coruñés ( ), guerra ( ), librazo ( ), mesa ( ), sal ( ).

  

Exercicio 1-2

Segundo sexa a súa composición, os substantivos son “simples” ou “compostos”; clasifica os seguintes substantivos respecto á composición empregando s ou c:

Amor ( ), beirarrúa ( ), boca ( ), enxame ( ), fincapé ( ), gravata ( ), lapis ( ), libro ( ), Pontevedra ( ), Saavedra ( ), xustiza ( ).

  

Exercicio 1-3

Segundo o seu significado, os substantivos son “abstractos” ou “concretos”; clasifica os seguintes substantivos respecto ao seu significado empregando a ou c:

Aceite ( ), amor ( ), coche ( ), gravata ( ), idea ( ), libro ( ), paz ( ), piano ( ), rapaz ( ), sabugueiro ( ), soño ( ), xustiza ( ).

  

Exercicio 1-4

Os substantivos concretos poden ser contables (1), non contables (2) ou colectivos (3); clasifica os seguintes empregando 1,2 ou 3:

Aceite ( ), auga ( ), batallón ( ), coche ( ), enxame ( ), equipo ( ), fariña ( ), gravata ( ), lapis ( ), mesa ( ), rabaño ( ), sal ( ).