Saltar navegación

Exercicio 2

Exercicio 1

Indica o valor especial do posesivo na expresión dos seus e sinala outros tres valores ou usos especiais.

Cando había eleccións o Antón, pai do Manueliño, ía sempre a votar. Antes das eleccións no pobo falábase e discutíase. Antón era pouco amigo de discutir e votaba sempre por aquel que o señor Manuel de Hortas lle dicía. O Antón pensaba para si que, votase a quen votase, a súa sorte e a dos seus non ía cambiar en nada.

Exercicio 2

Cómo se denomina o elemento subliñado?

Ese alguén de meu que nunca volve
á auga da infancia
sin saber saír do laberinto.
Ese que é outro home que eu levo derrubado sobre min
ou como a hedra 90 carballos abraza.
(…)

Despedíndose farto de vida

cando a vida de meu e maila súa

acaben.

 

Á. Cunqueiro

Exercicio 3

Introduce nestas dúas frases o posesivo de exclusividade:

Os alumnos de bacharelato do IES de Sabón non teñen computador .

Alicia é unha bailarina áxil e elástica .