Saltar navegación

Exercicios de repaso

Exercicio 1

Identifica no seguinte texto artigos, demostrativos, posesivos e pronomes. Faino aparte e despois comproba as túas respostas.

Carafio co enciño!


Manecho era un
«americano» que botara nas Américas e mais nos viaxes polo menos dez meses e xa levaba na casa dende que voltara seica dous ou tres, por iso seguía sen botar unha man ao traballo.

Un día que o pai escollía na louza na eira, Manecho, cabo del, recollido no alpendre para que non lle tomara o sol, movía unha ferramenta coa punta do pé e preguntoulle ao vello:

—Mi padre! Diga vosté, mi padre, como llamas vos por acá a esta herramienta?

O pai mirou para el e non deu fala.

—Es que vos no me oís, padre?—insistiu el.

—Oín, home, oín! E logo e que ti non o sabes? Esqueceuche?

Manecho nun descuido, fixo máis forza co pé, e o mango da ferramente foille bater nos fuciños.

Carafio co enciño!—dixo.

Ai, recorcio! Logo lembráchelo de contado!—dixo o vello.

E disque dende aquela nunca máis Manecho voltou esquecer cousa da súa térra.

Maruxa Barrio; Enrique Harquindey: Cantos populares, Galaxia, Vigo, 1988.

Exercicio 2

Identifica as palabras subliñadas e explícaas adecuadamente.

“Isto non ten solución”. Esa foi a súa resposta.

A miña avoa sempre dicía: El Señor nos colla confesados.

O rapaz ese non che me gusta nada.

¡Que caradura é ese Tomás…!

Daquela aínda eras ti pequerrecho.

Vén na bicicleta detrás miña e ensínoche esoutro sendeiro para chegar á furna.

Xa estaba saíndo da oficina e niso soou o teléfono.