Saltar navegación

O posesivo

Formas do posesivo

meu

teu

seu

noso

voso

seu

meus

teus

seus

nosos

vosos

seus

miña

túa

súa

nosa

vosa

súa

miñas

túas

súas

nosas

vosas

 
 
súas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais existen as formas de respecto mi, tu, su, noso/a, voso/a que unicamente se usan acompañando a padre, madre, tío, señor e amo. As correspondentes formas de plural só poden empregarse co substantivo padres:

Cando morreu mi madre eu estaba en Bilbao.

En vida de mis padres as fincas estaban ben coidadas.

Función

Os posesivos indican unha relación con algunha das tres persoas gramaticais participantes no acto comunicativo. Esa relación pode concretarse en varios sentidos, entre eles o de posesión ou pertenza.

Morfoloxicamente, o posesivo concerta co substantivo en xénero e número; é dicir, coa cousa posuída e non co posuidor (Xoel tocou coaa guitarra).

Sintacticamente cumpre as funcións de: actualizador (O meu tío é doutor), modificador (Ese can teu é moi listo) ou atributo (Este vehículo é seu).

Seu, seus

As formas de terceira persoa de singular e plural coinciden, polo que se poden producir ambigüidades no seu uso e interpretación. Na frase Velaquí o seu libro, ¿é del, dela, deles, delas, de vostede, de vostedes?. Para evitarmos isto, habitualmente substituímos o posesivo por de + pronome persoal: Velaquí o libro dela.

A coincidencia nas formas de terceira persoa de singular e plural tamén pode provocar ambigüidades na expresión da reflexividade. Neste caso, para evitala, débese engadir ao posesivo a palabra propio: Bateu o seu propio récord.

Posición

 

Como regra xeral o posesivo anteponse ao substantivo; neste caso esixe a presencia do artigo: O meu can non volveu. Excepción a esta norma son os posesivos de respecto mi, tu, su, noso/a, voso/a (mi padre) e naqueloutros casos que establece o uso do artigo.

Oposesivo pode ir posposto ao substantivo nos seguintes casos:

Cando o substantivo vai precedido dun interrogativo: ¿Cantos compañeiros nosos cres que irán?

Cando vai precedido dun indefinido: Algúns compañeiros nosos non irán.

Cando vai precedido dun artigo indeterminado: Foron connosco uns compañeiros nosos.

Cando vai precedido dun demostrativo: Estes compañeiros nosos tamén irán.

Por razóns de énfase: O compañeiro voso non irá.

Cos adverbios de lugar, de+pronome persoal pode ser substituído pola forma feminina singular do posesivo:  Viña diante de min= viña diante miña.

Posesivo de propiedade exclusiva

De meu

De noso

De teu

De voso

De seu

De seu

En galego existen construcións con "de + posesivo masculino singular" que marcan unha relación de propiedade exclusiva: Ten coche de seu.  Vivía  en casa alugada, pero agora ten casa de seu.

 Estas formas analíticas tamén poden asumir o valor de "por si mesmo", "por natureza», "en por si»: Sabel é puntual de seu.

Posesivo distributivo

A nosa lingua articulou unhas formas específicas para expresar valores posesivos e distributivos, que equivalen á construción (a) cada un seu...: Mercoulles cadanseu balón aos seus fillos. Son as formas cadanseu- cadanseus- cadansúa- cadansúas.

As formas do posesivo distributivo sempre deben aparecer diante do elemento posuído: As nenas levaban cadansúa bicicleta.

Valores dos posesivos

Ademais de expresar posesión ou pertenza, os posesivos poden presentar os seguintes valores:

Relación de familiaridade e afecto: O noso Ramón escordou un pé.

Os meus, os teus... adquiren o valor deA miña (a túa...) familia”: Os meus están en Vigo.
Valor aproximativo ou ponderativo, cando son usados con numerais ou substantivos referidos a diñeiro, anos, metros, etc: O taxista tería ben os seus corenta anos.

Posesivo de modestia, cando se emprega noso(s), nosa(s) por meu(s), miña(s) para evitar a referencia directa á primeira persoa: O noso traballo sobre Portugal artéllase en tres partes.

Acción habitual nunha persoa: Despois de xantar sempre tomo o meu café.

Bastante, boa cantidade: Non bebas máis, que xa bebiches o teu.

O que é propio ou natural de alguén: O meu non é o debuxo.

O que adoita facer ou dicir alguén: Xa andan os do lado a facer das súas.

O que lle corresponde a alguén: Agora seguide vós, que eu xa fixen o meu.