Saltar navegación

Exercicios de repaso.

Exercicio

Indica cal do pronomes resaltados non é un pronome tónico:

Ti es ti
eu son eu

e non quero que andes dicindo

que tumba que dálle que tal que sei eu..

ai lalalalalá ai lalalalalá laralaralalá


A solución é:
  

Colocación do pronome 1

Reescribe a oración levábanos a gran velocidade pólas vías colocando no seu inicio as formas nunca, disque, agora, tamén, ainda, antes e enriba.

Colocación do pronome 2

Explica a colocación nas seguintes frases dos pronomes resaltados:


¡Deus cho pague que me volviches á vida dos cristianos!

D. Xohán, sempre pronto a se marabillar, sorrí e paga.

O medo correu por toda aquela terra, e a xente non quería sair fóra despois de empardecer, e aínda se non quería desviar moito da casa no día claro. (Adaptado de “O lobo da xente” de V. Risco)

Mais de que fun medrando, inda que a miña nai non levaba ben que eu fose, o home principiou a me querer levar con eles ás festas, e aínda lle dixo unha vez a ela que se ela non quería vir, que íamo­-los dous, el e mais eu... E dar dábame máis agarimo ca a mi madre... (V. Risco).

Identificación de pronomes

Localiza, clasifica os pronomes das seguintes frases e indica as funcións sintácticas que cumpren:

Ben che vin estar o cuco enriba do ameneiro.

Botóusevosnos enriba sen decatarnos. Así foi como nos atropelou; e a vós que foi o que vos pasou?

Calquera lle está seguro na casa, á vista do que está pasando.

E ti, vés con nosoutros ou quedas con elas?

Actividade

Localiza, clasifica os pronomes do seguinte texto e indica as funcións sintácticas que cumpren:


Farei o que me conveña

e o que a conciencia me manda

porque ó fin e ó cabo

a esta xente non lle debo nunca nada.