Saltar navegación

Para saberes máis: a interpolación

A interpolación consiste na inserción dun ou máis elementos entre o clítico e o verbo, xa sexa un suxeito, complemento directo ou circunstancial.

Actividade 1

Localiza a interpolación que hai neste texto:

Por fin a moita xente xa lle non collía dúbida, pois por dúas veces, homes que ían de viaxe, ata­counos un lobo tremendo, que non sei como puideron fuxir. (De “O lobo da xente” de V. Risco)

Actividade 2

Localiza a interpolación que hai neste texto tradicional.

Era Xoán Lamas un home

que traballando ganaba

dous reás inda de xustos

do xornal de cada semana.

Se falo coas mozas, moceiro,

soberbio se non lle falo,

se bebo un vaso, borracho,

covarde se non o bebo.

Se vou á misa, beato

se non vou, ateo me chaman.

Este mundo é un rodicio

que mal raio me non parta

non hai mecánico no mundo

que entenda esta maquinaria.

 

Farei o que me conveña

e o que a conciencia me manda

porque ó fin e ó cabo

a esta xente non lle debo nunca nada.