Saltar navegación

Pronome de solidariedade

Aprende

É unha forma átona que se emprega para implicar afectivamente ó interlocutor na acción expresada polo verbo. O receptor non participa nos feitos, por iso se se elimina o pronome non cambia o significado da oración: este neno éche simpático / este neno é simpático.

Observa o pronome de solidariedade nestas expresións populares:

Tanto che me ten.

Non che está o forno para bolos.

Formas

As formas son iguais ás da 2ª persoa do CI:

Un interlocutor: che (tratamento familiar), lle (tratamento de cortesía)

Varios interlocutores: vos (tratamento familiar), lles (tratamento de cortesía).

Observa este diálogo:

- Veño buscar a Brais.

- Pois síntoo, pero non che está. (tratamento familiar)

- Pois síntoo, pero non lle está. (tratamento de cortesía)

 

O pronome de solidariedade pode combinarse con outros pronomes átonos (CD ou CI):

- Ao meu fillo morréuchelleme unha vaca.

Conto

Certo día de choiva, un sapo miraba para o buraco no que se resgardaba un compañeiro seu, pesaroso de non caber dentro. O que estaba dentro preguntáballe ao de fóra:

-¿Chóveche?

Ao que o outro respondía:

- Chóveche pouco.

Despois de manteren varias veces esta lacónica conversa, o sapo enxoito non puido aguantarse por máis tempo e botouse fóra da cova dun chimpo…

momento que aproveitou o outro para metérselle dentro!

 

 
Localiza na conversa dos sapos cal é o CI e cal o pronome de solidariedade.

 



Exercicio

Coloca o pronome de solidariedade no lugar que lle corresponda.

Este rapaz sabe moito de crocodilos (a ti).

.

Non me gustan nada estes amigos teus.

.

Eses ovos facían unha boa tortilla (a ti).

.

Son ben boas as mazás (a vostede).

.

Roubáronme no coche (a ti).

.

 

  

Exercicio 2

Se aínda tes erros, segue practicando:

É ben barato (a vós).
.

Déuvo-la vida (a ti).

.

Meu fillo non está na casa (dirixido a vostedes)

Meu fillo .

Meu fillo non está na casa (dirixido a ti)

.

Señor policía, o can queríasenos botar a dentadas (a nós).

Señor policía, .