Saltar navegación

As perífrases verbais

Unha perífrase verbal é unha construción formada por un verbo en forma persoal -o verbo auxiliar- e un verbo en forma nominal (en infinitivo, xerundio ou participio) – o verbo auxiliado. O conxunto de ambas as formas verbais funciona como un único verbo: Teño visto esa película varias veces.

 

As perífrases poden ser temporais, modais  e aspectuais.

 

Cando é perífrase?

Para comprobar se os dous verbos forman unha perífrase hai dúas posibilidades:

1.      Pasar a oración a pasiva.

2.      Crear unha oración interrogativa que teña por resposta esa oración.

Por exemplo: estou preparando o xantar

O xantar está sendo preparado por min

¿Que estou preparando?

Se os dous verbos permanecen unidos trátase dunha perífrase.

Tamén é moi útil saber que na perífrase o vebo auxiliar perde sempre o seu significado, que aporta o verbo auxiliado.

 “Teño visto”: o significado apórtao o verbo “ver”. “Estou preparando”: o significado apórtao o verbo “preparar”.

Perífrases temporais

Aportan os seguintes valores:

 

1- Futuridade (intención de facer algo no futuro): ir+infinitivo: “Vou falar con teu pai”; haber (de) + infinitivo: "Hei de falar con teu pai".

2- Inminencia: estar+a/para+ infinitivo: “O tren de Santiago está a/para chegar”.

3- Acción que estivo a punto de realizarse no pasado, pero que non se realizou: haber (pret. Perf.)+ (de)+ infinitivo: “Houbo gañar, caer, morrer...”.

Actividade

Constrúe unha perífrase temporal para cada un dos tres valores.

Perífrases temporais. Exercicio

Xoga a adiviñar o verbo que falta nestas perífrases temporais con valor de futuro:

Hei palmas coma un meniño diante do mar.

Hei no ollal unha flor branca.

Hei á luz coma un galo cego.

Hei de alegría.

Hei coa fonte da montaña nos vimbios da man.

Hei o espello para quererte en mil maneiras.

Ei miñamada. Miña amiga, hei!

M. Rivas

  

Perífrases modais

Indican obrigatoriedade ou probabilidade:

1- Obrigatoriedade: deber+(de)+infinitivo “debo lavar os dentes”; haber (3ª persoa sg.)+que+infinitivo: “hai que traballar”; ter+que+infinitivo: “teño que estudar”; haber+de+infinitivo: “hei de cumprir as normas”.

2- Probabilidade ou posibilidade: poder+infinitivo: “pode ter uns dezanove”; haber+ (de)+infinitivo “ha ter uns dezanove”, deber (de)+infinitivo.

Autoavaliación

As formas resaltadas son perífrases? Responde si (s) ou non (n)

¿Sabes, ademais, dicir de que tipo?

 

Buenos Aires, Buenos Aires

boa terra pode ser

que leva a flor de Galicia

e non a deixa volver.

  

Actividade

Constrúe unha perífrase modal para cada un dos valores.

Perífrases aspectuais

1- Imperfectivas. Expresan a acción no seu desenvolvemento:

estar+a+inf. ("Anda escollendo nas patacas") / andar+a+inf./ ser+a+inf./

andar+xerundio “anda falando de ti”/estar+xer./ levar+xer./ seguir+xer./ ir+xer./ vir+xer.

2- Perfectivas. Expresan proceso concluído:

acabar+de+inf. ("Acabou de limpar") / deixar(se)+de+inf./

dar+ppo/ levar+ppo /ter+ppo.

3- Incoativas. Expresan comezo da acción:

comezar+a+inf. ("Comezou a correr") / empezar+a+inf./ botar(se)+a+inf./ poñer(se)+a+inf./dar+en+inf. / “rompeu a chorar”.

4- Reiterativas. Expresan repetición da acción verbal:

ter+ppo/volver+(a)+inf. ("Volveu a empezar")

5- Terminativas. Acción que se achega ao seu remate:

chegar+a+inf./ vir+a+inf. ("Veu a parar á miña casa")/ acabar+por+inf.

Actividade

Constrúe unha perífrase aspectual para cada un dos valores.