Saltar navegación

Estrutura do verbo

Unha forma verbal (como por exemplo soutaremos) está formada por:

1- O TEMA do verbo: RADICAL/RAIZ + VOGAL TEMÁTICA

  • O radical está formado por un lexema que achega o significado léxico: sout-(a-re-mos).

Tamén pode conter algún afixo derivativo (re-vend-e-r), ou máis dun lexema (mal-vend-e-r).

  • A vogal temática indica a conxugación á que pertence: -a=1ª, -e= 2ª, -i= 3ª conxugación.

2- A DESINENCIA, que contén dous morfemas flexivos (MMFF):

  • Un morfema que indica modo, tempo e aspecto: sout-a-re-mos (indicativo, futuro): MMT=re.
  • Un morfema que indica persoa e número: sout-a-re-mos (1ª persoa plural, p6): MNP=mos.

V=

T( RAD+VT)

+MMFF(MMT+MNP)

V=

souta (sout+a)

+remos (re+mos)

A vogal temática

. Algúns tempos e algunhas persoas son atemáticos: son a p1 do pres. de ind. e todas as persoas do pres. de subx.:

 

P1 do presente de indicativo

Todo o presente de subx.

Como, comes, come, comemos, comedes, comen.

Coma, comas, coma, comamos, comades, coman.

 

  • Nalgunhas persoas dalgúns tempos prodúcese neutralización, unhas veces en favor da VT -e-:

p2,p3 e p6 do pres. de ind.

p2 do imperativo

Saio, saes, sae, saímos, saídes, saen.

sae

e outras en favor da VT -i-:

todo o pret. imperf. de ind.

p1 e p2 do pret. perf. de ind.

comía, comías, comía, comiamos, comiades, comían.

Comín, comiches, comeu, comemos, comestes, comeron.