Saltar navegación

Formas infinitas

Infinitivo invariábel (Xogar: xog-a-r-), Xerundio (xoga-ndo), Participio (xoga-do).

Estas formas non expresan modo nin tempo. Poden constituír o núcleo dunha frase verbal, sempre que este forme parte dun complexo oracional. Admiten suxeito e complementos.


aíz

VT

Sufixos, actualizadores léxicos

Infinitivo invariábel

Xog-

-a-

-r

Xerundio

Xog-

-a-

-ndo

Participio

Xog-

-a-

-do

Infinitivo conxugado:


Raíz

VT

MMT

MNP

Infinitivo conxugado

Xog-

-a-

-r-

-mos (p4)

 

O xerundio

Presenta a acción en proceso (aspecto imperfectual).

Cando a construción "a + inf." expresa a mesma idea có xerundio denomínase "infinitivo xerundial": O teu irmán estaba a xogar co teu monopatín= o teu irmán estaba xogando co teu monopatín.

Funciona como complemento circunstancial (Indo por ese atallo chegarás antes) e cos verbos de percepción (ver, oír, sentir) como predicativo (Sinto o rato rilando/a rilar no fallado).

A acción do xerundio soe coincidir coa do verbo principal, mais precedido da preposición en expresa que a acción do xerundio é anterior á do verbo principal (En cocendo a pasta, xa podes adobar a ensalada).

O participio

Polas súas características morfolóxicas e comportamento sintáctico o participio atópase máis preto do adxectivo ca do verbo.

Refire unha acción rematada (aspecto perfectivo). Como adxectivo pode funcionar como modificador don nome (Rachoume a saia recén estreada), predicativo (Sentou cansado no banco do parque) ou núcleo verbal (Resoltos os asuntos, marchamos para Argasvellas).

Exercicio

Traduce ao galego o seguinte Decálogo:

Decálogo de El Calendario del Obrero, en 1909:

1- Intruirse y combatir la ignorancia. .

2- Acortar las horas de trabajo. .

3- Elevar los salarios. .

4- Tener independencia y odiar la vileza. .

5- Ser viril y destruir la tiranía. .

6- Establecer la fraternidad y despreciar el egoísmo. .

7- Conquistar derechos y abolir injusticias. .

8- Humanizar el trabajo. .

9- Llevar cariño y alegría al hogar. .

10- Fundar un mundo mejor. .