Test de comprensión
Pregunta Verdadeira ou Falsa
A p1 do presente de indicativo do verbo valer é “Vallo” .
A seguinte serie ten só participios irregulares?: pago,
enxoito, suspendido, impreso, farto, canso.
En “comiades”
non aparece a vogal temática –e- senón –i- porque se trata dun caso de
neutralización.
Na forma
“liches” non hai vogal
temática.
A
p1 do presente de indicativo do verbo parir é “paira”.
O
presente de indicativo, imperativo e pret. perf. non ten MMT .
“Houbo
perder o tren” é unha perífrase aspectual.
O infinitivo conxugado e o futuro de subxuntivo coinciden nos verbos
irregulares.
“saiamos”/ “saïamos”: leva
diérese o presente de subxuntivo.
A vogal do radical do verbo ler é sempre
aberta.
Os participios truncados e os participios fortes son
participios regulares.
Querer e poder levan timbre aberto nas rizotónicas
e pechado nas arrizotónicas.
“Hai
que vir cedo a sacar as entradas porque quedan poucas”.
A vogal do radical do verbo quecer é sempre
aberta.
Cubro, cubres, cubre, é como se conxuga o presente de ind. do verbo
cubrir.
Na
seguinte oración pódese introducir un infinitivo conxugado
Vai ser
difícil chegar a tempo a traballar.