Saltar navegación

O tempo verbal

Os tempos verbais indican a perspectiva con que se enfoca un acontecemento determinado a partir dunha orixe non sempre identificada co acto de fala. Pódese dirixir a perspectiva en tres direccións: cara a un momento anterior (retrospectiva), cara a un momento simultáneo (perspectiva cero) ou cara a un momento posterior (prospectiva).
 
andara-andei---andaba-ando---andaría-andarei.
 
Dúas ou máis formas verbais nun discurso poden aparecer expresando accións :
sucesivas: en canto agarra o mando a distancia, non o solta.
simultáneas: en tanto eu recollo, vós facéde-los deberes.
alternantes: como estaba nervioso, enrolaba e desenrolaba o xornal.

Observa:

Hai e a súa serie non expresan unha referencia explícita:

Xa había tempo que non nos viamos.

Haberá unha semana que o busco.

Fai e a súa serie expresan o exacto cumprimento dun determinado período temporal:

Facía dez días que non nos viamos.

Fai unha semana que o busco.

Vai e a serie de ir, amais de faceren referencia ó tempo meteorolóxico, poden referirse ó tempo cronolóxico, expresando un período de tempo aproximado: vai un frío que pela. Vai para un mes que deixei de fumar.